Zoon Politikon
Mar, 15/10/2013 - 11:07
ZOON
A ferramenta ZOON POLITIKON (expresión en grego antigo do filósofo Aristóteles que significa "animal político") é un sitio web (elaborado por Agustín Carracedo Santos e Gloria Rivas Fernández, profesores de filosofía na comunidade galega) adicado ao estudo do funcionamento do Estado e á análise da Constitución de 1978. A aplicación ten dúas partes ben diferenciadas: os contidos e as actividades. 

a) Os contidos distribúense a través dun esquema en árbore, interactivo, que ofrece un panorama da estrutura do Estado. Picando en cada unha das partes do esquema, accédese aos diferentes temas (o Estado democrático, os poderes do Estado, a elaboración de leis, as funcións do Congreso dos Deputados e do Senado, etc.). Uns mapas de ideas, interactivos e dinámicos, contribúen ao bo entendemento dos contidos. Un logotipo ou escudo serve como botón de enlace á diversas webs institucionais.

b) As actividades, ideadas para encerado dixital, consisten en responder preguntas e poden funcionar tamén como xogos interactivos.

O propósito de Zoon Politikón é achegar a política aos estudantes, amosarlles as influencias desta na súa vida cotiá e estimulalos á participación activa na vida pública. Os seus contidos están dirixidos a estudantes de ESO e de Bacharelato da materias de Filosofía, Ética e Ciencias Sociais, Xeografía e Historia. A ferramenta recibiu o Tercer Premio a Materiales Educativos 2008, concedido polo INTEF (Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado).
A aplicación, dotada dunha licenza Creative Commons, pódese descargar no seguinte enlace web: