Plan Proxecta

Resolución provisoria dos proxectos admitidos e non admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2013/2014
Ven, 11/10/2013 - 13:49

Publícase a continuación a listaxe provisoria dos proxectos admitidos e non admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2013-2014.

Tal e como se establece no artigo 10 da Resolución de 24 de maio de 2013 que regula o Plan Proxecta ábrese, a partir de mañá día 12 de outubro, un prazo de 10 días naturais (ata o 21 de outubro de 2013) para facer reclamacións a esta lista provisoria ou para renunciar a participar no Plan Proxecta durante o curso 2013-2014.

Tanto as reclamacións como as renuncias débense facer mediante o modelo de instancia que está accesible abaixo en formato PDF editable.

NOTA: Prégase o envío dunha copia dixital da instancia entregada por rexistro ao seguinte enderezo electrónico: planproxecta@edu.xunta.es