Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Convocatoria de selección de centros educativos no proxecto de formación Combas Galicia para o curso 2013/2014

Ven, 11/10/2013 - 13:30

Normativa:

Xúntase a Convocatoria Combas Galicia  para a selección dos centros educativos que soliciten participar no proxecto.

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o día 28 de outubro de 2013.

Obxecto:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria oferta este proxecto de formación de apoio á integración das competencias básicas (CCBB) no currículo para prestar apoio aos centros educativos na busca de solucións para asegurar a presenza das CCBB nas concrecións curriculares e, consecuentemente, nas programacións,incidindo de forma especial na adecuación metodolóxica e na avaliación.

O proxecto estrutúrase en dúas fases: A Fase A1 está dirixida a centros que se incorporan por primeira vez ao Proxecto COMBAS Galicia. A Fase A2 está dirixida aos centros que xa desenvolveron a Fase A1 ou que, sen desenvolvela,  estean en condicións de abordala con éxito. Cada fase ten unha duración dun curso académico.

Destinatarios:

Centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sostidos con fondos públicos que impartan Educación Primaria e/ou Educación Secundaria Obrigatoria.

Documentación necesaria

As solicitudes dirixiranse ao Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) ou ao Centro de Formación e Recursos (CFR) en cuxo ámbito estea integrado o centro educativo,  e constará da seguinte documentación:

- Solicitude segundo modelo do anexo I da convocatoria.

- Relación do profesorado participante consonte ao recollido no anexo II.

-  Certificación da aprobación de participación do Claustro seguindo o anexo III

-  Certificación da aprobación de participación do Consello escolar consorte o anexo IV.

Máis información

CAFI ou CFR a cuxo ámbito pertenza o centro educativo

Servizo de Formación do Profesorado

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa