Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Retirada da documentación do concurso de traslados relativa ao apartado 6 do baremo-publicacións e méritos artísticos e literarios

Ven, 11/10/2013 - 09:35

Infórmase da apertura dun prazo para retirar a documentación achegada para o concurso de traslados, presentada polo profesorado dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesor técnico de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres e inspectores ao servizo da administración educativa, así como para o concurso de traslados de xefaturas de departamentos de orientación (mestres), relativa ó apartado 6-publicacións, méritos artísticos e literarios.

A documentación poderase retirar nos servizos de profesorado de primaria e secundaria, segundo corresponda,  na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • O prazo para a súa retirada será de luns a venres, en horario de 8:30 a 14:30 horas, desde o día 14 ao 25 de outubro, ambos inclusive.
  • Moi importante: Rematado o prazo da retirada da referida documentación, procederase á reciclaxe da mesma.