Saúdo a navegantes

Sáb, 24/09/2011 - 17:41

Benvidos ao Departamento de Organización Escolar e Diversidade.

 Neste Departamento planificamos e desenvolvemos actividades formativas dirixidas aos centros de ensino concibidos como unidade e diversidade educativa. Estas accións enfócanse á actualización permanente do profesorado cara ao avance de aulas e centros intelixentes.

 Todos nós, colaborativamente, mediante unha organización escolar eficiente, a atención á diversidade do alumno, a orientación educativa, a convivencia positiva e a implicación responsable de toda a comunidade somos quen de mellorar, achegar e cooperar en prol da excelencia educativa.

 Contamos convosco. As nosas portas están abertas á participación e suxestións.