Regulación do acceso e condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias

Lun, 12/08/2013 - 08:45

Xúntase a Resolución do 31 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regula o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias.

O 14 de marzo de 2013 as organizacións sindicais ANPE e CSI-CSIF asinaron unha addenda ao Acordo do 20 de xuño de 1995. Na disposición adicional quinta da addenda establécese que «para unha mellor comprensión, as partes asinantes desta addenda acordan que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria efectúe unha refundición do Acordo do 20 de xuño de 1995 e todas as súas modificacións posteriores».

En aplicación desta disposición adicional quinta e do artigo 38 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, procede ordenar a publicación deste texto refundido no Diario Oficial de Galicia.