Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Publicación da Orde do 29 de xullo de 2013 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades

Xov, 01/08/2013 - 12:38

Xúntase a Orde do 29 de xullo de 2013 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición no proceso selectivo convocado pola Orde do 23 de marzo de 2013 (DOG do 4 de abril) de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.