MAC: Mobilidade de Alumnado Comenius

A Mobilidade de Alumnado Comenius é unha iniciativa europea, lanzada no ano 2009, para permitir que o alumnado de educación secundaria poida estudar durante un período de entre 3 e 10 meses nun centro educativo doutro país europeo, vivindo cunha familia.

A mobilidade só pode desenvolverse entre centros educativos que participen ou teñan participado nunha asociación escolar Comenius do Programa de Aprendizaxe Permanente ou do seu precedente Sócrates. Os centros solicitantes deberán ter o acordo previo cun centro da mesma asociación e doutro país, que será o centro de acollida do alumnado español que participa na mobilidade.

Os seus obxectivos son:

  • ofrecer ao alumnado de secundaria experiencias de aprendizaxe europeas
  • desenvolver a súa comprensión sobre a diversidade de culturas e linguas europeas 
  • axudarlle a adquirir as competencias necesarias para o seu desenvolvemento persoal 
  • forxar unha cooperación sostible entre os centros participantes e fortalecer a dimensión europea na educación escolar

Os alumnos e alumnas serán seleccionados polos centros participantes e deberán ter 14 anos cumpridos no momento no que se inicie a mobilidade e estar matriculados a tempo completo no centro, que debe cumprir todos os requisitos para a participación na acción.

Na convocatoria 2013 participarán todos os países da Unión Europea agás Alemania, Chipre, Irlanda e Reino Unido.

O prazo de presentación da Convocatoria remata o 3 de decembro de 2012.