Que é eTwinning

eTwinning é a comunidade de centros escolares de Europa.
Ofrece unha plataforma aos equipos educativos (profesorado, membros de equipos directivos, membros de equipos de biblioteca e recursos, etc.) dos centros escolares europeos participantes, para comunicarse, colaborar, desenvolver proxectos ou o que é o mesmo, sentirse e formar parte da comunidade educativa máis atractiva de Europa.

eTwinning forma parte de Erasmus+, o programa da Unión Europea en materia de Educación, Formación, Mocidade e Deporte. O noso obxectivo é promover e facilitar o contacto, o intercambio de ideas e o traballo en colaboración entre profesorado e alumnado dos países que participan en eTwinning, a través das TIC. Para coordinar esta acción en toda Europa, eTwinning conta cun Servizo Central de Apoio en Bruxelas e cun Servizo Nacional de Apoio (SNA) en cada país. No caso de España, o SNA sitúase no Instituto Nacional de Tecnologías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

etwinning é coordinado en Galicia desde o CAFI. Estes son os datos de contacto da persoa responsable.

Rexistro en eTwinning

Para gozar das vantaxes de eTwinning, só hai que inscribirse na plataforma. Esta inscrición non implica ningún compromiso, nin para ti nin para o teu centro escolar.
Simplemente pasarás a formar parte da maior comunidade de docentes en Europa e do directorio de profesorado e centros de eTwinning. O rexistro faise no Portal Europeo: https://www.etwinning.net/es/pub/index.htm

O proceso de inscrición é sinxelo:

Primeira Fase:

En primeiro lugar pedirémosche o teu nome e apelidos, a túa dirección de correo electrónico (pon especial atención en non enganarte neste dato e utiliza preferentemente unha conta de correo institucional) e que elixas un nome de usuario e un contrasinal.

 

Segunda Fase:

Unha vez enviada esta información, recibirás unha mensaxe na dirección de correo electrónico que proporcionaches, cunha ligazón. Fai clic nela e completa o proceso de inscrición.
Selecciona o país, a Comunidade Autónoma e a túa localidade:

 

 

Sairá unha lista cos centros inscritos en eTwinning desa localidade. Se o teu centro xa foi inscrito, poderás seleccionalo como centro propio. Despois, cando poidas acceder á plataforma, comproba que os datos do centro que seleccionaches están actualizados.  Especialmente o nome e o correo electrónico do director ou directora.
Se es o primeiro docente do teu centro en rexistrarse, crea o perfil do teu centro.
Na última fase do rexistro, debes incluír información de carácter persoal. Esa información aparecerá no teu perfil eTwinning e poderás actualizala unha vez rexistrado.

Lembra que a información que compartas é importante para atopar socios/as e/ou ser atopado.

 

Tema