Embaixada eTwinning

Ademais do Servizo Nacional de Apoio e dos representantes nas comunidades autónomas, existe unha rede nacional de docentes embaixadores e embaixadoras que apoian a promoción e implementación da acción eTwinning a nivel rexional.

Un embaixador eTwinning é un docente representativo da acción eTwinning, e moito máis. É un docente entusiasta, con ampla experiencia no programa, que participou en numerosos proxectos, conseguiu o recoñecemento de Selo de Calidade Nacional ou Europeo unha ou varias veces, ou foi galardoado con Premio Nacional ou Europeo eTwinning, que fai unha intensa difusión dos beneficios do programa e presta axuda a outros docentes que se están iniciando en eTwinning, tanto en asuntos de carácter técnico como pedagóxico.

Actualmente, en Galicia son:

  • Mela Rodríguez Montegrifo
    Profesora de Primaria EDIXGAL, Inglés e Plástica CLIL
    CEIP Manuel Vidal Portela
    Pontevedra
  • Susana Vázquez Regueiro
    Profesora de P. T. no IES Poeta Díaz Castro.
    Profesora Asociada na USC. Depto. Pedagoxía e Didáctica.
    Guitiriz
  • Aarón Bernárdez Pérez
    Profesor de Audición e Linguaxe
    CPI Mondariz
    > Mondariz
  • Carmen Fernández Vázquez
    Profesora de Latín, Erasmus+ KA201
    IES de Poio
    Poio
  • Cristina París Brandariz
    Profesora de FP Informática, Erasmus+ KA102 e KA103
    IES San Clemente
    Santiago de Compostela
  • Marcos Vence Ruibal
    Profesor de FP Informática, CLIL portugués, KA102, KA103, KA109 e KA116
    IES San Clemente
    Santiago de Compostela

As súas funcións son:

  • Asesoran sobre os procedementos en eTwinning
  • Difunden a acción eTwinning, tanto en actividades en liña como presenciais, en redes sociais, en blogues de educación, sesións de formación e encontros didácticos en liña, acoden a Xornadas, Seminarios, Encontros
  • Coordinan grupos de traballo, imparten talleres en centros escolares e outras institucións educativas
  • Recomendan o uso das ferramentas TIC máis adecuadas para unha determinada actividade
  • Presentan exemplos de boas prácticas, que poden servir de modelo para os iniciados
  • Elaboran documentos de consulta
  • Acompáñante en todo o que necesites

 

Podes poñerte en contacto e atopar toda a información relativa ao seu traballo aquí: http://embaixada.etwinning.gal/
 

Tema