Desenvolvemento Profesional

eTwinning ofrece unha serie de oportunidades de desenvolvemento profesional en liña en diferentes ámbitos para todas as persoas que forman parte da súa comunidade e aquelas que queren chegar a facelo.

 

  • Desde a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia ofértase:
    • Un curso de formación en rede para iniciarse na plataforma e comunidade. Este curso foi cedido por INTEF, traducido e adaptado ás necesidades do noso contexto socioeducativo. O seu título é “Iníciate en eTwinning” e desenvólvese en Platega.
    • Xornadas Formativas específicas en materia de internacionalización e cooperación en eTwinning e inclúese a temática en formacións dirixidas a colectivos específicos, tales como equipos directivos.
    • Os centros educativos contan cunha liña formativa en PFPP, “h) Programas europeos e internacionais: accións e plans de promoción e desenvolvemento é o que especificamente da cobertura á formación necesaria para desenvolver proxectos  eTwinning” centrada nesta temática.
    • A participación en proxectos eTwinning conta con recoñecemento en horas de formación por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria segundo se recolle na RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de  Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
  • Desde o Servizo Nacional de Apoio a través de educalab ofrécese unha variedade de actividades de formación en liña para profesorado interesado. A participación certifícase desde o Ministerio de Educación e Ciencia. A  oferta concreta pode variar de ano en ano, pero as categorías principais son:
    • Cursos titorizados: Para docentes en activo, cun equipo de titores composto por embaixadores eTwinning e con recoñecemento en créditos.
    • MOOC: Cursos masivos abertos en liña [Massive Open Online Courses], para calquera persoa interesada en eTwinning, baseados na aprendizaxe persoal e en comunidade. Ao finalizar as tarefas emítese unha insignia dixital.
    • NOOC: [Nanno Open Online Courses] Moi similares aos MOOC, pero máis breves, cunha carga de traballo estimada dunhas tres horas. Comparten cos MOOC o papel central da autoaprendizaxe e a aprendizaxe entre iguais. Tamén se emiten  insignias dixitais ao finalizar as tarefas.
    • SPOOC: [Self-Paced Open Online Courses] é unha iniciativa que consiste nunha formación en liña ao teu propio ritmo, é dicir, sen límite temporal que favorece a autoxestión da aprendizaxe e da participación nas comunidades educativas.
  • Desde o Servizo Central de Apoio, a propia plataforma de colaboración e con ámbito europeo, eTwinning ofrece formación para todas as persoas que forman parte da súa comunidade. Desde membros de eTwinning expertos até calquera persoa recentemente chegada contarán coa oportunidade de progresar profesionalmente grazas a eTwinning. Este tipo de oportunidades formativas divídense en dúas categorías.
    • Actividades non certificables:
      • Grupos de eTwinning: son plataformas privadas que permiten debater e traballar con outras persoas da plataforma sobre un tema específico. O seu obxectivo é que os membros de eTwinning compartan exemplos, debatan métodos de ensino e atopen apoio para o seu desenvolvemento profesional. Concretamente, os nosos «grupos destacados» están moderados por un membro de eTwinning con experiencia. Pódelos atopar en grupos de eTwinning Live.
      • Seminarios en liña: sesións en comunicación que che brindan a oportunidade de aprender, debater e pór ideas en común con compañeiras e compañeiros.
      • Outras actividades en liña: Centenares de webinarios, charlas de persoas expertas e outras actividades son organizadas cada ano en eTwinning Live por docentes, como ti. A maioría están abertas a todo o mundo: búscaas no calendario, aprende e goza!
    • Actividades certificables desde o Servizo Central de Apoio:
      • Encontros didácticos: son eventos breves en liña centrados en diversos temas, relacionados con aspectos pedagóxicos. Diríxeos unha persoa experta e inclúen traballo práctico e a oportunidade de debater con docentes de toda  Europa. Os encontros didácticos inclúen actividades asíncronas e ás veces algunhas sincrónicas e desenvólvense nun idioma europeo estendido.
      • Cursos en liña de eTwinning: cursos de maior duración, destinados a satisfacer as necesidades da comunidade eTwinning nas áreas da moderación de espazos dixitais, o ensino e a aprendizaxe, así como a embaixada eTwinning tanto  no ámbito Europeo como no de cada país.  Cada ano, eTwinning propón un curso. Os cursos en liña están desenvolvidos por un grupo de persoas expertas e inclúen traballo práctico e debates entre docentes. Contan con actividades  asíncronas e ás veces algunhas sincrónicas, e desenvólvense en inglés.
      • Talleres de desenvolvemento profesional (TDP): actividades presenciais de tres días sobre un tema pedagóxico. Impártense en idiomas europeos maioritarios.
      • Congresos temáticos: actividades presenciais de tres días de duración. Os seus temas están relacionados con aspectos pedagóxicos, en xeral. O obxectivo principal é informar e concienciar acerca de eTwinning. Impártense en idiomas europeos maioritarios.
      • Conferencias eTwinning: son congresos presenciais de tres días de duración, ao redor dun tema de transcendencia en toda Europa. O seu obxectivo principal é o de celebrar os logros de eTwinning do curso anterior.

Tema