eTwinning

eTwinning é a comunidade de centros escolares de Europa que forma parte de Erasmus+Logotipo eTwinning

eTwinning ofrece unha plataforma segura para promover e facilitar o contacto, o intercambio de ideas e o traballo colaborativo entre profesorado e alumnado a través das TIC. 

Para coordinar esta acción en toda Europa, eTwinning conta cun Servizo Central de Apoio en Bruxelas e cun Servizo Nacional de Apoio (SNA) en cada país. No caso de España, o SNA sitúase no Instituto Nacional de Tecnologías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

A representante en Galicia é M.ª Luz Ares Fandiño: etwinning[@]edu.xunta.gal; teléfonos:  981 546 545 / 981 546 533