Titulo Description node R

CONTRATOS-PROGRAMA INCLÚE (CPInclúe)
Mar, 08/06/2021 - 17:13

A iniciativa de Contratos-programa Inclúe (CPInclúe) constitúe un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, e en consonancia cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030, concretamente cos obxectivos 4 (Educación de calidade) e 5 (Igualdade de xénero), poidan desenvolver un plan de mellora no que poidan, en función das necesidades detectadas e do seu proxecto educativo, acadar o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa.

Igualmente, CPInclúe está en consonancia coas pautas do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que incorpora espazos accesibles e inclusivos para toda a comunidade educativa, para o uso equitativo e igualitario, desde a visión da accesibilidade e do deseño universal e derrubando barreiras.

En definitiva, o fin último é lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolver o máximo posible as súas potencialidades e, xa que logo, contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia. Esta iniciativa consta de 5 actuacións:

  1. QUÉDA-T.
  2. IGUÁLA-T.
  3. CONVIVE-T.
  4. INCLÚE-T.
  5. EMOCIÓNA-T

 

CP INCLÚE 2022/23

Resolución do 9 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regulan os Contratos-  Programa Inclúe (CPInclúe) para fomentar a inclusión educativa nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o curso 2022/23.

 

    O prazo de presentación de solicitudes e do plan comeza o día 11 de xuño e remata o 20 de setembro de 2022, ambos incluídos.

    Acceso á aplicación informática

     

    RESOLUCIÓN PROVISIONAL 2022/23

    Resolución provisional CPInclúe 22/23

    Listaxe provisional de centros seleccionados CPInclúe 2022-23

    O prazo de reclamacións ou renuncias remata o luns 17 de outubro.

     

    RESOLUCIÓN DEFINITIVA 2022/23

    Resolución definitiva Contratos-programa Inclúe 2022/23

    Resolución definitiva de centros seleccionados e modalidades

     

    CP INCLÚE 2021/22

    Resolución de convocatoria CPInclúe 2021/22

    Resolución provisional 21/22

    Listaxe provisional de centros seleccionados

    Resolución definitiva

    Listaxe definitiva de centros seleccionados

     

     

    Menús Description node R