Cooperación galega: O mundo que queremos
Mié, 16/07/2014 - 11:00
[actualizado o 14/09/2016]
 

Ficha técnica

Institución: Proxecta

  • Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
    • Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
      • Subdirección Xeral de Cooperación Exterior
  • Las siguientes ONGD: Solidariedade Internacional de Galicia, Educo e Agareso

Ámbito: solidaridad
Definición: Fomento para el desarrollo, la solidaridad y la lucha contra la pobreza.
Temporización: curso completo
Alumnado al que va dirigido: ESO y ciclos de grado medio y superior.
Límite de centros participantes: 8

Criterios de selección:

  1. Seleccionarase os proxecto nos que participe o maior número de alumnado.
  2. Priorizarase a disposición do centro para concentrar os horarios dos grupos que participen no programa para facilitar o acompañamento e mellorar a eficacia e a eficiencia.
  3. Priorizarase a concentración xeográfica entre os centros que se presenten (para mellorar o acompañamento e facilitar a formación de sinerxia entre eles).
  4. Priorizaranse aqueles proxectos onde o profesorado imparta aula co alumnado directamente destinatario.

Responsable del programa:

Nombre: María Caride y María Paz
Teléfono: 981 243 506 / 626 913 681
Correo electrónico: sensibilizacion@solidaridadgalicia.org

Justificación

A pesar de los progresos conseguidos con los Objetivos de Desarrollo del Milenio (2000-2015), aun queda mucho por hacer. Millones de personas siguen viviendo en situación de extrema pobreza y las desigualdades sociales no dejan de aumentar. Consideramos que es necesario concienciar e implicar las nuevas generaciones en la responsabilidad que todas y todos tenemos en la construcción de un mundo más justo y equitativo.

As organizacións que  formamos parte do proxecto O mundo que queremos expresamos a través destas palabras porque nos parece interesante que leves a cabo esta iniciativa no teu centro e co teu alumnado.

É unha necesidade contribuír a unha boa educación, entendida esta, coma unha síntese do coñecemento, da comprensión, do saber facer e a capacidade de convivir cos outros, para lograr superar a pobreza e a iniquidade que afecta a millóns de homes, mulleres, mozos, nenos e nenas no noso planeta. Esa educación é a Educación para o desenvolvemento ( ED).  Un concepto amplo, suxeito a múltiples connotacións e definicións, un concepto dinámico e que creemos,  non debería considerarase como un aspecto puntual do currículo ou dunha actividade formativa, se non coma, un paradigma pedagóxico ligado a educación para a paz, a interculturalidade, os Dereitos Humanos,... polo que falamos da ED coma un proceso non coma un fin. Destacamos  o seu carácter socio político, a ED ten como eixe a xustiza social e trata de reflexionar e concienciar sobre as desigualdades planetarias existentes no reparto da riqueza e do poder, das súas causas e das súas consecuencias e do papel de todas as sociedades (Norte e Sur) na construción de estruturas máis xustas, isto pon de manifesto o protagonismo da cidadanía na modificación das situacións existentes.

Como organizacións que traballamos no ámbito da ED dende fai moitos anos, sabemos que a educación ten un desafío: xa non é suficiente mirar o contexto sociocultural dende unha educación transformadora, é necesario incorporar aos procesos educativos unha visión do mundo global e preparar ao alumnado para actuar coa responsabilidade e o compromiso que implica a cidadanía global na súa vida cotiá. Entramos de cheo na dimensión global da ED. O papel que podemos desempeñar as ONGDs neste proceso é importante, xa que temos a experiencia e os coñecementos dos contidos da ED, as ferramentas metodolóxica innovadoras, para traballar man a man co profesorado para que introduza esta dimensión nas aulas.

O mundo que queremos enmárcase dentro do paradigma da ED, quere unir o compromiso que con leva a cidadanía local, moi pegada aos intereses e necesidades próximas, ao compromiso responsable que implica a cidadanía global, onde as necesidade e clamores de todos os seres humanos teñen cabida. Nos nosos discursos sempre usamos frases coma esta  o que ocorre nunha parte do mundo ten consecuencias noutros lugares.

Partindo da premisa ‘a comunicación e a capacidade de facer uso dela para sensibilizar e transformar’ queremos explorar o potencial educativo da comunicación promovendo a reflexión do alumnado sobre a conexión existente entre as realidades locais e as desigualdades globais, concienciando e implicando as novas xeracións na responsabilidade que todas e todos temos na construción dun mundo máis xusto e equitativo. O fío temático do proxecto son os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), así como experiencias de medios comunitarios vinculados a proxectos de cooperación internacional que serán presentados nas aulas a través de obradoiros de radio e fotografía e representacións de pezas do chamado ‘teatro da oprimida’. Todo o proceso de intercambio entre as diferentes realidades culminará na visita aos institutos de persoas dos países do Sur vinculadas á proxectos de cooperación para o desenvolvemento, e a un acto  final destinado ao resto da comunidade educativa e/ou vila, cidade onde estea o centro no que se amosarán os traballos radiofónicos e fotográficos realizados durante estes meses de traballo

Objetivos generales

Esta popuesta pretende acercar a los jóvenes la realidad de los países empobrecidos y las dinámicas globales que perpetúan ese empobrecimiento, a través de una propuesta educativa basada en la participación, la creatividad y utilizando el potencial de las herramientas comunicativas (fotografía, radio y teatro) para sensibilizar, denunciar y transformar. En definitiva, se pretende fomentar un alumnado y profesorado consciente de la interconexión entre realidades locales y dinámicas globales y apoyo en el ejercicio de su corresponsabilidad en la construcción de la justicia social, pasando de meros receptores/as de contenidos a emisores.

Palabras clave

Comunicación. Cooperación. Desenvolvemento sostible. Igualdade. Solidariedade. Xustiza social.

Obxectivos específicos

PARA O ALUMNADO

  • Facilitar conocimientos y habilidades sobre la educación para el desarrollo.
  • Crear un proyecto educomunicativo y de carácter artístico en torno a los contenidos de la educación para el desarrollo.
  • Adquirir competencias para facer fronte aos problemas sociais e ambientais.
  • Analizar os problemas sociais e ambientais locais e a súa incidencia no entorno global, para propoñer alternativas dende o local.
  • Desenvolver actividades para comunicar os problemas sociais e  ambientais identificados na súa contorna próxima.

PARA O PROFESORADO

  • Facilitar conocimientos y habilidades sobre la educación para el desarrollo.
  • Explorar o nivel de coñecemento dos estudantes sobre as problemáticas sociais e ambientais do seu contorno próximo.
  • Coñecer e empregar ferramentas e recursos pedagóxicos e didácticos relacionados coa Educación para o Desenvolvemento.
  • Desenvolver estratexias de identificación de problemáticas locais e analizar a súa incidencia no ámbito global.
  • Desenvolver metodoloxías para o acompañamento das accións e tarefas desenvolvidas polo alumnado.

PARA LA COMUNIDAD EDUCATIVA

  • Generar espacio de encuentro virtual y presencial entre los agentes participantes del proyecto.
  • Implicarse nos proxectos de innovación xerados polo centro.
  • Devolverlle á comunidade educativa e a poboación da vila, cidade o traballo feito polo alumnado.
  • Involucrar aos membros da comunidade local na construción dunha sociedade máis xusta e equitativa.

Temporización

  • Novembro: obradoiro de introdución ao proxecto.
  • Decembro e xaneiro: Obradoiro de fotografía e podcasting, incidindo na fotografía e na radio como ferramentas de expresión, denuncia e información.
  • Febreiro: Teatro Foro sobre xénero e migracións
  • Entre marzo e abril: Encontro con colectivos do Sur, visita os centros de mozos e mozas de países empobrecidos.
  • Actividade extraescolar (abril).

Actividades e recursos

Produto final

Produtos radiofónicos e videográficos. Indicamos aquí as ligazóns dos traballos realizados en edicións anteriores:
http://www.ivoox.com/escuchar-o-mundo-queremos_nq_116806_1.html
https://www.youtube.com/channel/UCsmcghPiFrmWVqBw5BZVVtw

Criterios específicos para a avaliación das memorias

Ao final do curso escolar, as persoas responsables do programa valorarán a idoneidade dos proxectos desenvolvidos en función dos seguintes criterios específicos:

  • 1-3: criterios xerais do Plan Proxecta
  • 4: Grao de coñecemento e habilidades facilitados ao profesorado para a incorporación da ED no centro educativo
  • 5: Grao de protagonismo asumido polo alumnado na creación dun proxecto educomunicativo e artístico
  • 6: Grao de participación nos espazos xerados de encontro presencial e virtual