Proxecto Educación Dixital (E-DIXGAL)

A Comunidade Autónoma de Galicia dispón dunha estratexia de incorporación das no- vas tecnoloxías ao proceso educativo en todos os seus ámbitos, o proxecto Abalar, entron- cada na súa estratexia xeral de incorporación de Galicia á Sociedade da Información e do Coñecemento e nos seus programas transversais de desenvolvemento e promoción das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).

A incorporación das TIC á educación, en xeral, e aos procesos ensino-aprendizaxe, en particular, é xa unha realidade en Galicia e móstrase como unha peza fundamental para producir o cambio metodolóxico que leve a conseguir o obxectivo dunha mellor calidade educativa. En efecto, os recursos dixitais non só fan accesibles os contidos necesarios para o proceso educativo nunha presentación distinta da tradicional, de libro a libro ou contido dixital, senón que proporcionan novas oportunidades para un maior desenvolvemento das competencias clave para o alumnado e para o desenvolvemento de novas metodoloxías docentes máis acordes coa transformación educativa en marcha.

As experiencias piloto levadas a cabo nestes últimos cursos no uso de contidos dixitais en distintos centros de Galicia permitiron ir axustando os parámetros necesarios para aca- dar unha implantación exitosa desta experiencia.

O proxecto experimental de educación dixital trata de proporcionar aos centros edu- cativos a posibilidade de presentar un proxecto integral para a incorporación de materiais dixitais en todas as materias de 5º de educación primaria, para isto dispoñerán do apoio da Administración en forma de provisión de materiais e libros dixitais, así como unha contorna virtual de aprendizaxe que permita desenvolver todo o potencial e dea soporte ao proxecto. Ademais, contarán co apoio da Rede de formación permanente do profesorado e a super- visión da Inspección Educativa.

O proxecto diríxese aos centros que están na Rede Abalar, centros cunha cultura dixital afianzada como parte do seu proxecto de centro, apoiado e coñecido pola comunidade educativa, e en especial polas familias, que se verán beneficiadas ademais con aforros en custos derivados dos materiais educativos. Por outra banda, posibilitarase o maior aprovei- tamento do equipamento das aulas dixitais do proxecto.

Ademais, séguese a traballar constantemente na ampliación do repositorio de contidos do espazoAbalar, que actualmente supera os 2.000 recursos, como opción para comple- mentar o proxecto educativo dixital dos centros.

O proxecto E-DIXGAL arranca no curso 2014/2015 incorporando a 2.500 alumnos de 5º de primaria. No curso 2015/16 a previsión é que a plataforma estea dispoñible en 5ª e 6ª de primaria e 1º de ESO cun alcance de 7.500 alumnos e que no terceiro ano do proxecto, no curso 2016/2017 sexa empregado por 12.500 alumnos de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO. Así, en 3 anos o proxecto chegará a un total de 22.500 estudantes.

Na plataforma de aprendizaxe virtual, os alumnos poderán acceder tanto de xeito online como off line a contidos curriculares completos e gratuítos para as familias facilitados pola Xunta como a aqueles elaborados polos propios docentes dos centros educativos. Ademais, esta nova ferramenta facilitará o acceso aos contidos de pago de empresas editoras gazas á conexión co Punto Neutro do Ministerio de Educación.

O proxecto Educación Dixital (E-DIXGAL) ten como obxecto favorecer a incorporación xeneralizada das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa, facilitando aos centros adscritos á rede Abalar a dispoñibilidade de libros e outros materiais dixitais cos que poidan desenvolver o seu proxecto na totalidade do currículo de 5º de Educación Primaria no curso 2014 - 2015, ampliándose a outros cursos e etapas nos anos seguintes.