Preguntas frecuentes

Curso 2020/21

ACLARACIÓN IMPORTANTE:

Con motivo das dúbidas xurdidas no profesorado en relación coa realización dun Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) específico relacionado con cada actuación na que se participe (apartado 8.1c da Resolución), infórmase que esta medida específica implica a realización dun PFPP único vinculado ao plan de mellora do centro, que inclúa todas as modalidades de contratos-programa solicitadas.

 

1. Que centros poden participar?

Só centros públicos dependentes desta consellería (EEI, CRA, CEIP, CEP, CEE, CPI, IES, CIFP e EPAPU).

2. Cantas actuacións se poden incluír nun mesmo programa?

Entre 1 e 9.

3. Cal é o prazo para presentar as solicitudes e o proxecto da convocatoria 2020/21?

O prazo de presentación de solicitudes e do plan de mellora comeza o día 15 de setembro de 2020 e remata o 6 de outubro de 2020, ambos incluídos.

Amplíase o prazo de solicitude ata o martes 13 de outubro.

4. Como se solicita a participación?

Primeiro, introducindo os datos na aplicación informática habilitada para tal fin. Terá acceso á creación da solicitude a persoa responsable da dirección do centro ou persoa autorizada co usuario @edu.xunta.es. A ruta é a seguinte:

  • Programas de éxito educativo  > Convocatoria 2020/21 > SELECCIONAR (na parte inferior esquerda)
  • No menú da esquerda premer en LISTAXE DE PROGRAMAS > seleccionar Contratos-programa > premer SOLICITAR (na parte inferior esquerda) > CREAR
  • A continuación seleccionar a/s actuación/s que pretende desenvolver o centro. Premer novamente en GARDAR e, seguidamente, pulsar PRESENTAR E EDITAR O PROXECTO. Deste xeito, abrirase unha nova páxina onde deberá cubrir todos os campos obrigatorios da/s modalidade/s solicitada/s.

Non esqueza ir gardando os datos para evitar perdelos no caso de que caduque a sesión.

ACLARACIÓN IMPORTANTE:

Con motivo das dúbidas xurdidas no profesorado en relación coa realización dun Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) específico relacionado con cada actuación na que se participe (apartado 8.1c da Resolución), infórmase que esta medida específica implica a realización dun PFPP único vinculado ao plan de mellora do centro, que inclúa todas as modalidades de contratos-programa solicitadas.

5. Que documentación ten que custodiar o centro?

a) A documentación que xera a aplicación en pdf, logo de introducir os datos solicitados, e que deberá selar, asinar e custodiar no centro (Anexo I coa solicitude). Non é preciso enviala por ningunha vía (correo electrónico, correo ordinario, Rexistro...).

b) Toda a documentación derivada do cofinanciamento polo PO do Fondo Social Europeo 2014-2020 naquelas actuacións de contratos-programa nas que sexa de aplicación.

6. Onde se publicará a información da Resolución desta convocatoria?

Na sección de Anuncios do portal educativo e no sitio web de contratos-programa.

7. Como se pode realizar unha reclamación?

Unha vez rematado o procedemento de selección dos plans e realizada a concreción dos contratos-programa, a comisión fará pública a resolución provisoria, que se difundirá no portal educativo  e no apartado Documentación da páxina web de contratos-programa.

A publicación da resolución provisional abrirá un prazo de cinco días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias, dirixidas á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, que deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (código PR004A), xunto coa documentación complementaria. Para a presentación das reclamacións ou renuncias poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

As renuncias realizaranse a través dunha certificación da dirección do centro na que figure de xeito explícito a renuncia á concesión do contrato-programa e, se é o caso, as causas que motivan esta renuncia.

Transcorrido este prazo, unha vez estudadas e, se é o caso, atendidas as mencionadas reclamacións e/ou renuncias, a comisión seleccionadora elevará a proposta definitiva á persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional que resolverá a relación final dos plans seleccionados.

8. Quen elabora o plan de mellora que se vai desenvolver?

Como establece o apartado 6.2 da Resolución, o plan será elaborado polo equipo directivo.

Este plan deberá prever a posibilidade de que as medidas nel establecidas se desenvolvan, de ser o caso, en réxime presencial, semi-presencial ou a distancia, establecendo os procedementos a seguir en cada un destes escenarios e garantindo, deste xeito, o seu desenvolvemento.

9. Que duración ten o contrato-programa?

O curso escolar para o que se convoca, isto é, 2020/21.

10. Ten algún tipo de recoñecemento a participación do profesorado participante nos contratos-programa?

Certificarase como actividade de innovación educativa (20 h) para o profesorado do centro que participe directamente no desenvolvemento das actuacións. Emitirase unha única certificación por docente, independentemente do número de actuacións nas que se participe e do rol que se desempeñe nelas.

A Consellería de Cultura, Educación, Universidade difundirá, se procede, as boas prácticas derivadas da aplicación dos plans de mellora en función dos resultados do seu seguimento e avaliación.

11. Contarán os centros educativos con recursos extraordinarios para o desenvolvemento do programa?

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dentro das súas dispoñibilidades orzamentarias, poderá dotar aos centros dunha asignación orzamentaria, con cargo á partida de gastos de funcionamento.

De ser o caso, as actividades e medidas propostas en contratos-programa que coincidan coas desenvolvidas por medio doutros plans ou programas promovidos por esta consellería non poderán ser obxecto de financiamento adicional.

12. Xustificación das axudas recibidas para o curso 2020/21.

As axudas económicas recibidas a través de contratos-programa xustificaranse a través da aplicación XECOCENTROS e, naquelas actuacións nas que sexa de aplicación, consonte os procedementos establecidos como consecuencia do financiamento polo PO FSE 2014-20.

13. Memoria das actuacións desenvolvidas no curso 2020/21.

Tras o remate do programa, os centros participantes deberán cubrir na aplicación informática, no prazo establecido ao efecto, a memoria das actuacións desenvolvidas en contratos-programa, tal como establece a convocatoria no apartado 15.5. Esta memoria deberá incorporar (a través de ligazóns, imaxes...) mostras do produto final acadado que permitan constatar o desenvolvemento axeitado do plan. Non será necesario enviar a memoria por ningún outro medio.

A persoa directora, ou persoa autorizada, será quen terá acceso á aplicación para cubrila a través da súa conta de correo electrónico @edu.xunta.es

A ruta é a seguinte: programas educativos > Programas de éxito educativo > convocatoria 2020/21 > premer Seleccionar >  Contratos-programa > Memoria (no menú da esquerda) > símbolo da lupa.

Deberá ir cubrindo todos os campos que se lle solicitan, sen esquecer premer de cando en vez en Gravar e Continuar para evitar que caduque a sesión.

Para finalizar, débese premer en REMATAR E ENVIAR. A memoria figurará, entón, en estado Rematada.

Pode obter un informe da memoria accedendo no menú da esquerda ao apartado Informes > Informes xerais > Contratos-programa > Memoria

14. Incorporación de profesorado participante en contratos-programa.

O profesorado que participe activamente nas distintas modalidades de contratos-programa será incorporado na aplicación pola persoa directora do centro, ou persoa autorizada, que é quen acredita dita participación.

15. Sobre gastos de funcionamento de todas as actuacións.

Non se contempla o financiamento de: obras e equipamento, mobiliario, reparacións, software, intercambios escolares, material inventariable obxecto de dotación por parte da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, gastos asociados a outros plans ou programas promovidos pola Consellería (apartado 8.3 da Resolución), viaxes de ocio (só desprazamentos para actividades directamente vencelladas aos programas) e outros gastos inxustificados e así valorados pola Comisión de selección.

16. Obrigas relativas ao PO FSE (Programa Operativo Fondo Social Europeo).

Naquelas actuacións de contratos-programa que poidan ser obxecto de cofinanciamento polo FSE, os centros deberán respectar as obrigas recollidas na modificación do apartado 7 da Resolución.

Poden acceder a ela no menú da dereita (pestana Documentación).

17. Sobre a aplicación informática:

  • Onde está a aplicación? Nesta ligazón.
  • É necesario utilizala? Si. É imprescindible porque toda a xestión da convocatoria se desenvolve a través dela.
  • Quen pode introducir os datos na aplicación? A dirección do centro ou persoa autorizada.
  • Hai que presentar unha solicitude por cada actuación? Non. Cada centro presentará unha única solicitude, independentemente do número de actuacións que solicite.
  • Podo realizar modificacións sobre a solicitude? Si, sempre dentro do prazo de solicitude establecido na convocatoria. Con todo, cómpre ter a precaución de gardar os cambios e xerar e custodiar no centro a última solicitude xerada.
  • Os cadros de texto teñen unha extensión limitada? Si, todos. Cómpre ter a precaución de introducir o texto das caixas sen exceder a capacidade destas. Recomendamos que empreguen o bloc de notas ou o Wordpad (para que limpe o texto oculto, que ocupa caracteres innecesariamente) e logo copien ese texto en Word, que permite contar o número de caracteres. No caso de datos numéricos NON SE DEBEN POÑER DECIMAIS. Cando sexa preciso, redondearase o decimal ao enteiro máis próximo. Tampouco poñer o símbolo da porcentaxe.
  • Son definitivos os datos que introduzo no programa? Non. O programa poderase ir completando nos prazos que determine a Asesoría de Programas Educativos co fin de axustar a solicitude aos requirimentos da convocatoria.