De acordo co disposto no artigo 22 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, modificada pola Lei 54/2003, do 12 de decembro, de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais, o empresario garantiralles aos traballadores ao seu servizo a vixilancia periódica do seu estado de saúde en función dos riscos inherentes ao traballo.

O Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, establece no artigo 7.2.3 que o Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria realizará as funcións que establece o artigo 31.3º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, modificado pola Lei 54/2003, do 12 de decembro, en relación co persoal da Xunta de Galicia que presta servizos nos centros docentes dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Entre estas atópase a vixilancia da saúde de dito persoal que, en todo caso, deberá contar co seu consentimento e respectar o seu dereito á intimidade e á dignidade.

Con base no dito con anterioridade, publícase esta convocatoria de campaña da vixilancia periódica da saúde no ámbito educativo para o persoal docente destinado en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Máis información