Unha nova exposición temporal ocupa as salas do MUPEGA. Nesta ocasión trátase da rotulada:  ‘Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia’, promovida polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración Galega e coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta  de Galicia. A  mostra permanecerá ata o 28 de xuño podendo ser visitada gratuitamente no horario habitual de apertura do museo (martes a sábado de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h ).

Ao longo dos seus 42 paneis profusamente ilustrados e rigurosamente documentados destacase o compromiso solidario dos emigrantes galegos, ao largo da segunda metade do século  XIX e primeiro tercio do XX, cos seus  varios centos de escolas construídas  e sostidas que, contribuiron de maneira notable ao avance educativo e  cultural da poboación galega.

Complementase a mostra con abundante documentación das sociedades de instrucción promotoras destas obras educativas singulares e unha representación do seu  enxoval  escolar que no seu momento supuxo unha luz de progreso e modernidade na historia da educación galega.

A exposición está comisariada polo profesor da Universidad de Santiago de Compostela, D. Vicente Peña Saavedra e documentada por Carolina García Borrazás e María Teresa García Domínguez do Arquivo da Emigración Galega.

Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia
Inauguración oficial da mostra no Mupega
Inauguración oficial da mostra no Mupega
Detalle das diferentes visitas guiadas á exposición
Detalle das diferentes visitas guiadas á exposición