O Entroido xa está aquí

A Gabeta do Mupega do mes de febreiro inclúe material para traballar o Entroido tradicional galego.

Xa está chegando o Entroido!!!! Por iso neste mes de febreiro a Gabeta do Mupega ten material adicional que nos axudará a traballar o Entroido Galego na nosa aula ou centro. Non debemos perder as nosas tradicións entroideiras, das máis fermosas e orixinais do mundo enteiro! Para solicitar a Gabeta do Mupega só tedes que enviar un correo electrónico a : museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.gal indicando: o voso nome e apelidos, nome do centro de destino e cargo que ocupa o/a solicitante. Lembrade que coa Gabeta do Mupega podedes coñecer o noso museo dende o voso centro e desfrutar dos materiais adicionais que creamos mensualmente. Un saúdo compañeir@s!