Exposición temporal

O museo aínda non abrirá as súas portas pero, cando iso ocorra, aínda estará dispoñible a exposición temporal “Homo sapiens, transmisor de coñecemento”.

Antano non todos podían ir á escola e aínda menos facer estudos secundarios. Non só cambiou o acceso de todos e todas ao ensino, é evidente que tamén mudaron as materias que se ensinaban, as metodoloxías ou os materiais didácticos.

Con esta exposición poderase facer unha viaxe no tempo e ter unha idea máis clara de como podían ser as aulas dos institutos de finais do século XIX e principios do XX.

Invitámolos a unha primeira toma de contacto coa exposición "Homo sapiens, transmisor de coñecemento" visualizando o seguinte vídeo

Para máis información, poden consultar o seguinte enlace.

Agardamos velos novamente moi pronto para gozar tanto desta exposición como das que organicemos no futuro.