A inclusión para nenos e nenas.
A inclusión para nenos e nenas.

No Mupega realizamos unha selección de contos e recursos co fin de achegar o concepto de inclusión aos máis pequenos.

Nestes días de confinamento ben seguro que nas familias tivestes a ocasión de aproveitar o tempo para aprender e pasalo ben todos xuntos. Os libros exerceron unha vez máis de amigos incondicionais axudándonos a pasar estes tempos revoltos do mellor xeito posible. 

Durante toda a semana, estivemos destacando os conceptos de integración e inclusión nas nosas publicacións en redes, pero non podiamos esquecernos dos máis pequenos aos que tanto botamos en falta ver polo noso museo.

Por iso esta publicación é para vós,  nenos e nenas. Queremos deixarvos unha selección de libros e recursos  que vos axuden a comprender como se pode axudar a construír unha sociedade  máis inclusiva e a poder aprezar a diversidade. Esperamos que sexa do voso interese:

1. Por catro esquiniñas de nada. Editorial Juventud. Un conto que nos fai entender como os pequenos cambios poden marcar a diferenza na vida de alguén.

2. "Colección de contos con pictogramas da editorial Kalandraka en colaboración con BATA (Asociación Baión Tratamento do Autismo)". Colección de contos como: O coelliño branco, Os chivos, chivóns ... adaptados con pictogramas e texto. 

3.  Monstro RosaEditorial Apila. Co Monstro Rosa aprendemos que a diversidade é fermosa e está chea de cor. 

4. O cazo de Lorenzo. Editorial Juventud. Lorenzo sofre moito porque carga co seu cazo,  pero atopará xente que lle axudará a saber levalo....

5. "Os Bolechas e a a discapacidade" Conxunto de materias que, da man dos nosos queridos Bolechas, ensinan aos máis pequenos a vida das persoas con diversidade funcional.

https://www.lingua.gal/recursos/para-aprender-o-galego/_/aprendelo/contido_0128/bolechas-discapacidade