Guía adaptada con Pictogramas do Museo Pedagóxico de Galicia
Guía adaptada con Pictogramas do Museo Pedagóxico de Galicia

O Mupega presenta a súa guía adaptada con pictogramas co fin de facer o museo máis accesible ao público con diversidade funcional.

No Mupega tiñamos ganas dende fai tempo de mellorar a accesibilidade do noso museo. Este ano 2020, a proposta do DIM "Museos pola igualdade, diversidade e inclusión" deunos pé a comenzar a realizar esas melloras. Por este motivo, creamos unha pequena guía con pictogramas (tanto en galego, como en castelán) co fin de facilitar a comprensión do noso museo para un público máis diverso. 

Os pictogramas faciltan o acceso á información para persoas con diversidade funcional derivadas de diferentes patoloxías coma o TEA (Trastorno con Espectro Autista), trastornos neurolóxicos e comunicativos como poden ser a disfasia ou a afasia, discapacidade intelectual, etc.

Ademais de empregar a guía dentro do museo, pódese descargar ou visualizar con anterioridade para favorecer a anticipación e comprensión antes de realizar unha visita. 

Trataremos de continuar facendo melloras neste sentido para facer que o museo sexa máis inclusivo e accesible para todos/as. 

Guía adaptada con pictogramas do Mupega