Parchís Inclusivo

Continuando coas actividades en rede programadas polo Día Internacional dos Museos 2020 renovamos a nosa peza destacada.

Como xa comentamos onte, este ano 2020 o Día Internacional dos Museos celébrase en torno á temática da inclusión e a diversidade. Por esta razón decidimos seleccionar un obxecto do museo que define á perfección o concepto de inlusión: "O parchís inclusivo". 

As características e adaptacións que contén este xogo fan que sexa axeitado para xogar de forma conxunta tanto persoas videntes coma invidentes.

Se queredes coñecer máis sobre esta peza ou sobre as orixes do xogo do parchís podedes visitar a nosa sección "Peza destacada" ou visualizar o  vídeo que realizamos dende o museo.