Xornadas de información e orientación profesional 2016

O vindeiro mércores 11 de maio, celebraranse no CIFP Politécnico de Santiago, en Santiago de Compostela, as Xornadas de información e orientación profesional 2016, dirixidas aos profesionais da orientación dos centros educativos. Trataranse temas relacionados co desenvolvemento do curso 2016/2017, as novidades normativas e o novo procedemento de admisión que se aplicará na Formación Profesional. As xornadas tamén incluirán aspectos relacionados coa mellora da inserción laboral do alumnado e coa actualidade no procedemento de acreditación de competencias profesionais.

As persoas interesadas deberán inscribirse na aplicación de formación do profesorado, na seguinte ligazón coa referencia de actividade G1502016.

O prazo de inscrición remata o día 26/04/2016