Xornadas de formación “Espazos de Ciberseguridade” dirixidas tanto a profesores como a estudantes. INCIBE

O Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) volve a por en marcha as xornadas de formación “Espazos de Ciberseguridadedirixidas tanto a profesores como a estudantes.

Os obxectivos destas xornadas abarcan dúas grandes vertentes. Por unha banda destínanse ao profesorado que imparte sinaturas relacionadas coas novas tecnoloxías, co fin de capacitalo para que adquira os coñecementos precisos e posteriormente poida impartir ditas xornadas de ciberseguridade aos seus alumnos.

Por outra banda, o obxectivo é ensinar ao alumnado da E.S.O., do Bacharelato, da formación profesional e a universitarios relacionados coas novas tecnoloxías dunha xeito práctico mediante o desenvolvemento de exercicios reais, como funcionan determinados aspectos de ciberseguridade.

Ambas tipoloxías de xornadas se realizan en modalidade online. No caso das xornadas destinadas ao profesorado, cóntase cunha duración aproximada de 9 horas distribuídas en dúas mañás ou dúas tardes acorde ás necesidades do grupo, constituído como máximo por 30 persoas. No caso das xornadas destinadas ao alumnado, a duración aproximada é de 4 horas en horario de mañá ou de tarde e un grupo de entre 20 ou 30 estudantes.

As temáticas a desenvolver nas xornadas, tanto para o profesorado coma para o alumnado, poden elixirse de entre unha ampla variedade que abarca dende a espionaxe e a cibervixilancia, ata a introdución aos Capture the Flag (CTF) ou a análise forense en windows, entre outras. Os detalles das mesmas poden consultarse na seguinte ligazón:

Estas xornadas son totalmente gratuítas, pero é preciso reunir unha serie de requisitos para a súa solicitude. No caso das xornadas ao profesorado é preciso contar con coñecementos suficientes das novas tecnoloxías, modelo TCP/IP, Sistemas Operativos, instalación de máquinas virtuales, etc. No caso das xornadas destinadas ao alumnado, é preciso formar un grupo de entre 20 e 30 alumnos, contar con conexión a internet e un ordenador por cada participante.

Para recibir as xornadas é preciso solicitalas previamente, escribindo no caso do profesorado ao buzón espacioscs_profesores@incibe.es, e no caso das xornadas para estudantes ao buzón espaciosciberseguridad@incibe.es. O prazo de solicitude figura aberto dende o 20 de abril e manterase ata finais do curso 2021-2021 ou ata completar as prazas dispoñibles. A asignación das prazas será por rigoroso orde de inscrición sempre e cando se cumpran os requisitos solicitados. Para obter mais detalles ou información acerca das citadas xornadas poden consultarse os seguintes espazos web: