Xornada "Encontros encírculo: educación e empresa. Profesionais e profesións do futuro"

O venres 24 de marzo celebrarase a xornada "Encontros encírculo: educación e empresa. Profesionais e profesións do futuro", na que se desenvolverán distintas actividades co obxectivo de poñer en común propostas para conseguir que o sistema formativo e o modelo produtivo camiñen da man cara o futuro.

Nesta xornada participarán o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González; a subdirectora xeral de Formación Profesional, Mª Eugenia Pérez Fernández; o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila López; o xefe do Servizo de Ordenación e Formación Profesional, Jesús Manuel Rodríguez Buján; o director do CIFP Carlos Oroza, Manuel Hermo Piñeiro; e o director de CIFP Politécnico de Santiago, José Manuel Leis Blanco.

  • Lugar: sede do Círculo de Empresarios de Galicia. Avenida de García Barbón, 62, Vigo
  • Horario: de 9:00 a 19:00 h

- Máis información

Etiquetas: