S20004

 

S20004 - Interpretación da lingua de signos

Familia: Servizos socioculturais e á comunidade
Sistema educativo: LOXSE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: S20004
Documentación: RD
DOG
DOC

 

Que se aprende a facer?
Interpretar desde as linguas de signos galega e española, así como desde o SSI, ás linguas galega e española e viceversa, ademais de realizar as actividades de guía-interpretación de persoas xordo-cegas, utilizando correctamente os sistemas lingüísticos que interveñen no proceso de comunicación e aplicando as técnicas adecuadas de interpretación segundo o modelo e tipo de servizo.

 

Onde se realiza o traballo?
Interpretar mensaxes emitidas por persoas xordas, xordo-cegas ou oíntes, nos distintos códigos lingüísticos que se utilicen neses procesos de comunicación, tanto de forma directa como inversa.

 

En que postos de traballo?
Intérprete da lingua de signos. Intérprete do SSI. Guía-intérprete de persoas xordo-cegas.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Ámbitos profesionais de aplicación da lingua de signos española 165
Aplicación das técnicas de interpretación á lingua de signos española (L.S.E) 270
Expresión corporal aplicada á linguaxe de signos 130
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 380
Guía e interpretación de persoas xordocegas 125
Horas á disposición do centro 80
Interpretación no sistema de signos internacional (S.S.I.) 75
Lingua de signos española (L.S.E.) 270
Lingua estranxeira (inglés) 130
Lingüística aplicada ás linguas de signos 165
Proxecto integrado 75
Psicosocioloxía da poboación xorda e xordocega 80

 

Que título se obtén?
Técnico superior en interpretación da lingua de signos.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).