Que se aprende a facer?
Permite aplicar tratamentos de radioterapia segundo prescrición médica: dispor aos pacientes para a proba, cumprindo as normas de dosimetría e radioprotección, así como o regulamento da instalación radioactiva específica da súa unidade; organizar e programar o traballo baixo criterios de calidade do servizo e óptimo aproveitamento dos recursos dispoñibles; administrar e xestionar a información técnico-sanitaria do servizo ou da unidade, baixo a supervisión correspondente.
Onde se realiza o traballo?
Organización e xestión da unidade de traballo, prestación do servizo, investigación e docencia.
En que postos de traballo?
Técnico en radioterapia; técnico en protección radiolóxica; delegado comercial en produtos hospitalarios e farmacéuticos.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Atención técnico-sanitaria ao paciente | 130 |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 740 |
Fundamentos e técnicas de tratamentos de braquiterapia | 160 |
Fundamentos e técnicas de tratamentos de teleterapia | 320 |
Horas á disposición do centro | 55 |
Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade/gabinete de radioterapia | 80 |
Protección radiolóxica | 80 |
Proxecto integrado | 80 |
Que título se obtén?
Técnico superior en radioterapia.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.