Que se aprende a facer?
Realizar estudos analíticos de mostras biolóxicas humanas, interpretando e valorando os resultados técnicos, para que sirvan como soporte ao diagnóstico clínico e/ou orientados á investigación, actuando baixo normas de calidade, seguridade e ambientais, organizando e administrando as áreas asignadas no correspondente laboratorio de diagnóstico clínico, baixo a supervisión correspondente.
Onde se realiza o traballo?
O técnico en laboratorio de diagnóstico clínico localízase nas funcións ou subfuncións de organización e xestión da unidade de traballo, prestación do servizo (toma de mostras no seu ámbito de competencias, preparación de reactivos e hemo-derivados, realización de técnicas analíticas en mostras biolóxicas humanas), control de calidade, investigación e docencia.
En que postos de traballo?
Técnico en laboratorio de diagnóstico clínico. Técnico en laboratorio de investigación e experimentación. Técnico en laboratorio de toxicoloxía. Delegado comercial de produtos hospitalarios e farmacéuticos.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 380 |
Fundamentos e técnicas de análises bioquímicas | 295 |
Fundamentos e técnicas de análises hematolóxicas e citolóxicas | 450 |
Fundamentos e técnicas de análises microbiolóxicas | 295 |
Horas á disposición do centro | 80 |
Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade/gabinete de laboratorio de diagnóstico clínico | 80 |
Proxecto integrado | 70 |
Recollida, preparación e conservación de mostras biolóxicas humanas | 295 |
Que título se obtén?
Técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.