S19004

 

S19004 - Documentación sanitaria

Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOXSE
Grao: superior
Horas: 1400
Código: S19004
Documentación: RD
DOG
DOC

 

Que se aprende a facer?
Definir e organizar procesos de tratamento da información e da documentación clínica, codificándoa e garantindo o cumprimento das normas da administración sanitaria e dos sistemas de clasificación e codificación internacionais, baixo a supervisión correspondente.

 

Onde se realiza o traballo?
Organización e xestión da unidade de traballo, prestación de servizos e control de calidade.

 

En que postos de traballo?
Técnico de documentación sanitaria. Técnico de codificación. Unidades de documentación clínica. Arquivo de historias clínicas. Avaliación e control de calidade da prestación sanitaria.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Aplicacións informáticas xerais 80
Codificación de datos clínicos e non clínicos 290
Definición e tratamento de documentación clínica 110
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 440
Horas á disposición do centro 50
Organización de arquivos clínicos 130
Proxecto integrado 80
Relacións no contorno de traballo 55
Validación e explotación das bases de datos sanitarias 110

 

Que título se obtén?
Técnico superior en documentación sanitaria.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).