S15002

 

S15002 - Produción de madeira e moble

Familia: Madeira, moble e cortiza
Sistema educativo: LOXSE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: S15002
Documentación: RD
DOC

 

Que se aprende a facer?
Organizar, xestionar e controlar a produción en industrias da madeira e o moble, programando, preparando e supervisando os recursos e traballos necesarios para a transformación da madeira e a cortiza e a fabricación e instalación de carpintaría e moble.

 

Onde se realiza o traballo?
Fabricación (almacén de materiais, preparación, transformación, mecanizado, montaxe, acabado, embalaxe e almacén de produtos) e instalación, desenvolvendo funcións en xestión de almacén, organización e control da produción (operacións, seguridade, mantemento e control de calidade en proceso).

 

En que postos de traballo?
Técnico en xestión de almacén en industrias da madeira, técnico en organización da produción en industrias da madeira, técnico en mecanizado da madeira e programación en control numérico, técnico en xestión e control da produción en industrias da madeira.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Acabado industrial en carpintaría e moble 185
Fabricación automatizada en industrias da madeira e o moble 145
Fabricación e instalación de carpintaría e moble 265
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 380
Horas á disposición do centro 80
Organización da produción en industrias da madeira e o moble 145
Plans de seguridade en industrias da madeira e o moble 55
Procesos en industrias da madeira 185
Proxecto integrado 95
Relacións no contorno de traballo 55
Transformación de madeira e cortiza 135
Xestión da calidade en industrias da madeira e o moble 55
Xestión de almacén en industrias da madeira e o moble 55
Xestión e control da produción en industrias da madeira e o moble 110

 

Que título se obtén?
Técnico superior en produción de madeira e moble.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).