S15001

 

S15001 - Desenvolvemento de produtos de carpintaría e moble

Familia: Madeira, moble e cortiza
Sistema educativo: LOXSE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: S15001
Documentación: RD
DOC

 

Que se aprende a facer?
Desenvolver proxectos de fabricación de produtos, realizar proxectos de instalacións e supervisar a fabricación de prototipos, asegurando, no seu caso, a viabilidade da fabricación e instalación, os niveis de calidade e o custo establecido, xestionando os aprovisionamentos e a calidade.

 

Onde se realiza o traballo?
Este profesional desenvolverá a súa actividade principalmente nas áreas de oficina técnica, definición e desenvolvemento de produtos, prototipos, instalación, compras e control de calidade.

 

En que postos de traballo?
Debuxante proxectista de mobles, técnico en desenvolvemento de produtos de carpintaría e moble, proxectista de instalacións de carpintaría e moble, técnico en xestión de calidade do produto en industrias da madeira e o moble, técnico en prototipos de carpintaría e moble, técnico en xestión dos aprovisionamentos en industrias da madeira e o moble.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Administración, xestión e comercialización na pequena empresa 80
Construción e análise de prototipos de carpintaría e moble 345
Definición de produto en carpintaría e moble á medida 240
Desenvolvemento de produto en carpintaría e moble 270
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 380
Horas á disposición do centro 80
Procesos en industrias da madeira 185
Proxecto integrado 90
Proxectos de instalación de carpintaría e moble 165
Xestión da calidade en industrias da madeira e o moble 55
Xestión de compras en industrias da madeira e o moble 55

 

Que título se obtén?
Técnico superior en desenvolvemento de produtos en carpintaría e moble.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).