Que se aprende a facer?
Administrar pequenas empresas, áreas ou departamentos de animación, definir, promover e adaptar a programación xeral de actividades, e coordinar e executar actividades de animación turística.
Onde se realiza o traballo?
Deseño e organización de servizos de animación, atención ao cliente, xestión administrativa e execución de accións promocionais.
En que postos de traballo?
Animador de hotel, animador de veladas e espectáculos, animador de actividades ao aire libre e xefe de departamento de animación. Informador turístico, promotor turístico e asistente de publicidade promoción.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Actividades e recursos culturais | 135 |
Animación no ámbito turístico | 160 |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 440 |
Horas á disposición do centro | 55 |
Lingua estranxeira (inglés) | 130 |
Organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socio-educativas | 80 |
Proxecto integrado | 55 |
Segunda lingua estranxeira | 130 |
Técnicas de comunicación para animación | 80 |
Xogos e actividades físicas recreativas para animación | 80 |
Que título se obtén?
Técnico superior en animación turística.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.