Que se aprende a facer?
Intervir na elaboración de documentación técnica para a definición do produto, do proceso de fabricación, montaxe ou reparación de construcións metálicas, e controlar a produción asignada, asegurando a súa execución coa calidade requirida, dentro do tempo establecido e en condicións de seguridade.
Onde se realiza o traballo?
Realización de planos de construcións metálicas, achegando solucións construtivas e de deseño. Establecemento de procesos operacionais, programación de máquinas e robots, programación da produción e xestión de materiais. Distribución de traballos e xestión da produción, coordinando e controlando os procesos produtivos, operacións de mantemento e normas de seguridade.
En que postos de traballo?
Delineante proxectista de construcións metálicas; delineante proxectista de útiles de construcións metálicas; xefe de taller; técnico en procesos de fabricación, montaxe e reparación de construcións metálicas; técnico en procesos de soldaxe; xefe de montaxe e reparación de construcións metálicas; inspector de soldadura e inspector de calidade.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Definición de procesos de construcións metálicas | 165 |
Desenvolvemento de proxectos en construcións metálicas | 180 |
Execución de procesos en construcións metálicas | 425 |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 380 |
Horas á disposición do centro | 55 |
Materiais e metalurxia da soldadura | 80 |
Plans de seguridade nas industrias de construcións metálicas | 55 |
Proxecto integrado | 75 |
Relacións no contorno de traballo | 55 |
Representación en construcións metálicas | 240 |
Solucións construtivas en construcións metálicas | 160 |
Xestión da calidade en construcións metálicas | 75 |
Que título se obtén?
Técnico superior en construcións metálicas.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo a calquera estudo universitario de grao e a calquera outro ciclo formativo de grao superior.