S07003

 

S07003 - Imaxe

Familia: Imaxe e son
Sistema educativo: LOXSE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: S07003
Documentación: RD
DOG
DOC

 

Que se aprende a facer?
Definir e obter imaxes fixas ou móbiles, en calquera soporte e formato, por medios fotográficos, cinematográficos ou videográficos, e iluminar espazos escénicos, determinando e controlando a calidade técnica, formal e expresiva.

 

Onde se realiza o traballo?
Obtención de imaxes e iluminación de espazos escénicos, control da calidade técnica e formal.

 

En que postos de traballo?
Fotógrafo, técnico en cámara de vídeo, televisión e cine, técnico en iluminación de cine, vídeo, televisión e espectáculos, e técnico en imaxe.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Administración, xestión e comercialización na pequena empresa 80
Aplicacións fotográficas 235
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 380
Horas á disposición do centro 55
Iluminación de espazos escénicos 240
Imaxe audiovisual 200
Imaxe fotográfica 270
Medios e linguaxes de comunicación visual 130
Medios fotográficos e audiovisuais 130
Proxecto integrado 90
Relacións no contorno de traballo 55
Xestión de calidade do procesamento e tratamento fotográfico e cinematográfico 80

 

Que título se obtén?
Técnico superior en imaxe.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).