S07002

 

S07002 - Produción de audiovisuais, radio e espectáculos

Familia: Imaxe e son
Sistema educativo: LOXSE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: S07002
Documentación: RD
DOG
DOC

 

Que se aprende a facer?
Planificar, organizar, supervisar e xestionar os recursos económicos, materiais, técnicos e humanos para a produción de audiovisuais, radio e/ou espectáculos, asegurando o cumprimento dos planos ou obxectivos da produción no tempo e as condicións de custo e calidade establecidas.

 

Onde se realiza o traballo?
Organización, administración e supervisión da produción, así como da promoción de obras ou programas audiovisuais, radiofónicos e espectáculos.

 

En que postos de traballo?
Técnico en produción de programas de televisión, de obras cinematográficas, de obras videográficas, de programas radiofónicos e de espectáculos e obras teatrais.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 380
Horas á disposición do centro 80
Linguaxes audiovisuais e escénicas 130
Medios técnicos audiovisuais 135
Produción de cine e vídeo 265
Produción de espectáculos 200
Produción de radio 185
Produción de televisión 240
Proxecto integrado 90
Relacións no contorno de traballo 55
Xestión e promoción de producións audiovisuais, radiofónicas e espectáculos 185

 

Que título se obtén?
Técnico superior de produción de audiovisuais, radio e espectáculos.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).