S07001

 

S07001 - Realización de audiovisuais e espectáculos

Familia: Imaxe e son
Sistema educativo: LOXSE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: S07001
Documentación: RD
DOC

 

Que se aprende a facer?
Organizar e supervisar a preparación, execución e montaxe de calquera tipo de programa filmado/gravado ou en directo, coordinando os medios técnicos e humanos necesarios para a súa realización ao longo de todo o proceso, controlando o contido e a forma, así como a calidade establecida. Realizar certos produtos audiovisuais no marco de obxectivos establecidos, ou baixo a dirección correspondente, definindo as solucións de realización que aseguren a calidade técnica e formal requirida no produto audiovisual.

 

Onde se realiza o traballo?
Desenvolvemento, organización e supervisión da realización de programas audiovisuais, multimedia e espectáculos.

 

En que postos de traballo?
Técnico de realización de televisión en control, de realización de televisión en estudo, de dirección de cine, de rodaxe, de montaxe cinematográfica, de edición de VTR, de posprodución, de mestura de vídeo, de posprodución, de dirección de espectáculos e rexedor de teatro.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Comunicación e expresión audiovisual 130
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 380
Horas á disposición do centro 60
Montaxe, edición e posprodución de audiovisuais 240
Proxecto integrado 90
Realización en cine e vídeo 270
Realización en multimedia 220
Realización en televisión 240
Relacións no contorno de traballo 55
Representacións escénicas e espectáculos 130
Sistemas técnicos de realización 130

 

Que título se obtén?
Técnico superior en realización de audiovisuais e espectáculos.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).