S06001

 

S06001 - Comercio internacional

Familia: Comercio e márketing
Sistema educativo: LOXSE
Grao: superior
Horas: 2000
Código: S06001
Documentación: RD
DOG
DOC

 

Que se aprende a facer?
Xestionar os plans de actuación relacionados coas operacións de compra-venda, almacenamento, distribución e financiamento no ámbito internacional, de acordo con obxectivos e procedementos establecidos.

 

Onde se realiza o traballo?
Compras, vendas, almacenaxes, distribución e administración.

 

En que postos de traballo?
Técnico en comercio exterior, operacións exteriores (banca), loxística, administración do comercio internacional, transporte internacional, compras, vendas, márketing internacional e almacenaxe de produtos.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos profesionais Horas
Almacenaxe de produtos 130
Aplicacións informáticas de propósito xeral 110
Financiamento internacional 160
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 380
Horas á disposición do centro 55
Lingua estranxeira en comercio internacional (inglés) 160
Márketing internacional 215
Medios de pagamento internacionais 90
Negociación internacional 110
Proxecto integrado 90
Segunda lingua estranxeira 130
Transporte internacional de mercadorías 130
Xestión administrativa do comercio internacional 185

 

Que título se obtén?
Técnico superior en comercio internacional.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).