Que se aprende a facer?
Planificar e dirixir a navegación, seguridade do buque e tripulación observando a normativa nacional e internacional. Planificar e dirixir as operacións de carga, descarga e estiba, así como as actividades extractivas, controlando e mellorando a produción.
Onde se realiza o traballo?
Produción (organización e supervisión), execución e control de proceso.
En que postos de traballo?
Inspector de flota ou xefe de persoal de flota en empresas armadoras. Deseñador, planificador ou supervisor de montaxe e armado de artes e aparellos de pesca en rederías. Oficial encargado da garda ou ao mando de embarcacións dedicadas á vixilancia fiscal, inspección pesqueira e investigación oceanográfica. Integrante do equipo técnico do departamento de investigación, en tanques de ensaios hidrodinámicos de artes e aparellos, tras un período de formación.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos | Horas |
Atención sanitaria de urxencia a bordo | 110 |
Dereito marítimo, lexislación pesqueira e administración | 55 |
Formación e orientación laboral | 55 |
Formación en centros de traballo | 710 |
Goberno do buque | 240 |
Horas á disposición do centro | 60 |
Lingua estranxeira (inglés) | 130 |
Manobra e carga do buque | 210 |
Pesca marítima e bioloxía das especies de interese comercial | 210 |
Proxecto integrado | 55 |
Relacións no contorno de traballo | 55 |
Seguridade, prevención e supervivencia no mar | 110 |
Que título se obtén?
Técnico superior en navegación, pesca e transporte marítimo.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.