Proxectos de formación para o profesorado de FP. 2017-2018

Publicada a convocatoria de proxectos de formación específicos para o profesorado que imparte docencia nas ensinanzas de formación profesional en centros públicos para o curso 2017-2018.

Convócanse 75 proxectos de formación do profesorado de formación profe­sional, nos centros educativos de niveis non universitarios que impartan estas ensinanzas.

Cada proxecto deberá contar cun coordinador ou cunha coordinadora e poderá incorporar profesorado de diferentes centros que compartan a súa necesidade de formación, coa finalidade de acadar o óptimo aproveitamento dos recursos.

- Bases da convocatoria dos proxectos de formación

Anexo I: Declaración responsable

   Máis información