Proxecto Miniempresas Lugo 2020-2021

O proxecto Miniempresas Lugo pretende fomentar a educación emprendedora a través da creación de miniempresas e outras propostas didácticas que impliquen a colaboración dos equipos docentes, a dinamización da comunidade educativa e a conexión co entorno, todo isto potenciando as capacidades profesionais e persoais do alumnado. Esta acción desenvólvese dentro do plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende e establécese dentro do ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Alcoa.

As institucións implicadas neste proxecto

  • Coordinación e desenvolvemento do proxecto

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade coordina e organiza as actividades dirixidas tanto ao profesorado como ao alumnado, facilitando a disposición dos espazos en colaboración cos centros educativos participantes.

  • Difusión

"El Progreso" divulgará todas as actuacións e resultados do proxecto.

  • Financiamento

35.140,56 € aportados pola Fundación Alcoa.

Actuacións programadas

Para cumprir os obxectivos previstos realízase a seguinte proposta de actuacións nos centros educativos da provincia de Lugo:

  • Accións de sensibilización da comunidade educativa sobre a importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora. Accións dirixidas tanto ao alumnado como ao profesorado para alcanzar a sensibilidade necesaria que permita a creación de iniciativas emprendedoras.
  • Promocionar a creación de miniempresas entre os estudantes para o desenvolvemento dun produto/servizo, unha estratexia de márketing e venda do produto.
  • Actividades de capacitación en habilidades emprendedoras.
  • Preparación do alumnado nas competencias e nas actitudes autónomas necesarias que favorezan o emprendemento co fin de capacitar ao alumnado para emprender.
  • Accións de formación do profesorado para a sensibilización do alumnado en creación de empresas.
  • Formación específica do profesorado para o desenvolvemento e a elaboración de proxectos empresariais, favorecendo a adquisición de competencias emprendedoras no alumnado.
  • Actuacións de intercambio de aprendizaxes, experiencias e coñecemento das necesidades da súa contorna socioeconómica, entre o alumnado e empresarios e mozos emprendedores para un maior achegamento entre o mundo educativo e laboral.
  • Concurso "Miniempresas Lugo".
  • Realización dunha publicación para a sensibilización e a difusión da cultura emprendedora.

Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 28/01/2021 ata o 16/02/2021.

Convocatoria Lanzadeiras Lugo

O programa Lanzadeiras Lugo ten a finalidade de promover a innovación e o emprendemento en todas as etapas do sistema educativo co obxectivo de potenciar as competencias profesionais, sociais e persoais do alumnado a través da creación de miniempresas nos centros educativos.

Enquisas

Premios do concurso miniempresas Lugo

Os proxectos premiados foron:

- 1º premio: Lucus Flight RC, do CIFP As Mercedes (Lugo).

- 2º premio: Ecogreen Horta e Xardín, do CEE Santa María (Lugo).

- 3º premio: Recarga, do IES A Pinguela (Monforte de Lemos).

- Accésit I: Xa o fago eu, do IES María Sarmiento (Viveiro).

- Accésit II: Lontras do Lor, do CPI Poeta Uxío Novoneyra (Folgoso do Courel).

Etiquetas: