Programa Rescatadores de talento. Convocatoria 2020

Rescatadores de talento é un programa gratuíto, impulsado pola Fundación Princesa de Girona (FPdGi) xunto con máis de 30 empresas, que busca apoiar á mocidade para mellorar a súa empregabilidade.

O programa está dirixido a persoas de entre 20 e 30 anos con formación universitaria ou cunha titulación de formación profesional de grao superior, ou que estean a cursar o último curso dalgunha desas ensinanzas.

Dentro dos recursos que ofrece o programa, destaca o mentoring personalizado con directivos das empresas colaboradoras, formación en liña, bolsa de traballo con ofertas adecuadas ao perfil profesional e axudas para mobilidade.

O día 27 de febreiro Naturgy organizará na Coruña unha sesión de formación especial para persoas inscritas no programa Rescatadores de talento.

Etiquetas: