Probas libres. Listaxes de adxudicación. Convocatoria 2013

Publicadas as listaxes de persoas adxudicadas en probas libres. Convocatoria 2013. Pode acceder e/ou descargar as listaxes á continuación.

1ª adxudicación ordinaria: listaxe de persoas admitidas. Ciclos de grao medio.
O prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o martes 21 de maio ata as 13:00 horas do xoves 23 de maio de 2013.

- 1ª adxudicación ordinaria: listaxe de persoas admitidas. Ciclos de grao superior.
O prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o martes 21 de maio ata as 13:00 horas do xoves 23 de maio de 2013.

  • Lembren que:

Poden elixir matricularse en calquera dos módulos do ciclo formativo adxudicado.

Aquelas persoas matriculadas que non asistan inxustificadamente á xornada de acollemento ou a calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional causarán baixa de oficio, o que implica a perda de toda a matrícula na proba, e non poderán presentar solicitude de inscrición nas probas do curso académico seguinte.

A partir do 27 de maio e ata as 13:00 horas do 31 de maio liberaranse os módulos de probas libres con prazas vacantes nos que poderán matricularse as persoas que cumpran os requisitos indicados na Orde do 5 de abril de 2013. Estas solicitudes de matrícula para ás prazas vacantes serán recollidas por estrita orde de chegada.

- Máis información sobre a convocatoria

Etiquetas: