Participación galega en Spainskills 2022

Entre o 23 e 25 de marzo de 2022 celebrarase o campionato nacional de Formación Profesional, Spainskills 2022, organizado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional en colaboración coas comunidades autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

Galicia presenta 29 competidores/as que participan en 27 skills. Estes/as competidores/as son os/as gañadores/as das medallas de ouro da 6ª edición dos Campionatos Galegos da Formación Profesional Galiciaskills 2021.

Ademais, Galicia terá representación en tres modalidades de exhibición: Robótica colaborativa, Sistemas robóticos integrados e Industria 4.0.

Etiquetas: