Pagamento de taxas
Para ter dereito a participar nas fases de asesoramento e avaliación, a persoa candidata que saia admitida nas listaxes definitivas de admitidos e excluídos terá que formalizar o pagamento das taxas correspondentes previamente á realización de cada unha das fases.
A non presentación dos xustificantes de taxas en tempo e forma procedentes supoñerá a exclusión do aspirante.
Pagamento das taxas
As taxas, ás que se fai referencia no artigo 10 da orde de convocatoria, axustaranse ás vixentes para o ano 2020, segundo o establecido a continuación:
- Taxa da fase de asesoramento
O candidato admitido para a realización da fase de asesoramento deberá aboar unha única taxa de 21,25 euros.
O xustificante do pagamento deberáselle entregar ao asesor na primeira reunión de asesoramento que se realice.
- Taxa da fase de avaliación
A persoa candidata admitida para a realización da fase de avaliación deberá aboar unha taxa de 10,63 euros por cada unha das unidades de competencia nas que solicite a súa avaliación.
O xustificante do pagamento da taxa da fase de avaliación entregaráselle á comisión de avaliación cando o candidato sexa citado para realizar esta fase.
Forma de pagamento
O pagamento da taxa poderase efectuar de dous xeitos diferentes:
-
a través do impreso de autoliquidación —A ou AI—, en calquera das entidades financeiras colaboradoras na recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.
-
de forma telemática, podendo optar por:
- un pagamento telemático que xeraría un modelo 730,
- ou presencial que xeraría un modelo 731, a ingresar na entidade bancaria.
Os modelos válidos que se deberán presentar como xustificante de pago de taxas nas fases correpondentes son os modelos A, AI, 731 e 730.
Procemento para aboar as taxas
Nas entidades bancarias
- Retire o impreso de Autoliquidación de taxas A na secretaría ou conserxería da sede e cúbrao consignando os seus datos persoais, os códigos de tramitación que aparecen no epígrafe seguinte e o importe da taxa que ten que pagar. Tamén pode xerar o impreso Modelo AI Autoliquidación de Taxas dende a Axencia Tributaria de Galicia.
Por Internet
- Acceda á Oficina Virtual Tributaria da Axencia tributaria de Galicia e siga a ruta Cidadáns > Pago telemático de taxas e prezos > Iniciar taxa.
Dende aquí optará por realizar o pago telemático xerando o modelo 730 ou presencial no que xeraría un modelo 731.
Códigos para cubrir o impreso
-
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Código 07
-
Delegación de Servizos Centrais: Código 13.
-
Servizo de Secretaría Xeral: Código 01.
-
Para a fase de asesoramento: Taxa denominación: Asesoramento do/a candidato/a para participar no procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación: Código 304201.
-
Para a fase de avaliación: Taxa denominación: Avaliación do/a candidato/a para participar no procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación: Código 304202.
Exencións do pagamento
Estarán exentas do pagamento de taxas as persoas que no momento de iniciarse as sesións de asesoramento e avaliación, figuren como desempregados, así como aquelas persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%.
Documentación acreditativa a exención do pagamento
As persoas exentas do pagamento das taxas deberán presentar no momento do asesoramento e/ou da avaliación a documentación que acredite este dereito:
-
No caso do/a traballador/a desempregado/a, a certificación relativa á condición de demandante de emprego expedida polos servicios públicos de emprego, só no caso de opoñerse expresamente a súa consulta.
-
No caso de discapacidade, certificado acreditativo do grao de discapacidade de non ter que ser emitido pola Xunta ou no caso de opoñerse expresamente a súa consulta.