Listaxe de persoas seleccionadas para a realización da segunda parte da proba de guindastre móbil autopropulsado categorias A e B

Publicada a listaxe de persoas convocadas para a segunda parte da proba (demostración real no manexo do guindastre) da especialidade de  guindastre móbil autopropulsado, categorías A e B.

Axudas FCT

Publicada a Orde do 4 de novembro de 2016 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo, convocadas pola Orde do 28 de abril de 2016.

- Ver a Orde do 04 de novembro de 2016

Etiquetas: 

Proposta provisional de adxudicación dos premios eduemprende Idea 2016

Publícase a proposta provisional de adxudicación dos premios do concurso Eduemprende Idea 2016 (Resolución do 15 de abril de 2016 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2016, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos, publicada no DOG do 29 de abril de 2016) elaborada pola comisión avaliadora do devandito concurso.

Etiquetas: 

Resolución de avaliación de estadías formativas 2016

Resolución de avaliación da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2016 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.

Ver a resolución

Acreditación de competencias para profesionais da CRTVG

Convocatoria específica do proceso de acreditación de competencias para determinados colectivos de profesionais da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

Proxectos de formación para o profesorado de FP. 2016-2017

Publicada a convocatoria de proxectos de formación específicos para o profesorado que imparte docencia nas ensinanzas de formación profesional en centros públicos para o curso 2016-2017.

Convócanse 75 proxectos de formación do profesorado de formación profe­sional, nos centros educativos de niveis non universitarios que impartan estas ensinanzas.

Convocatoria de EDUEMPRENDE - Actúa 2016/2017

Esta actuación se enmarca no Plan de Emprendemento no sistema educativo de Galicia Eduemprende, no eixe estratéxico 1 “Sensibilización e motivación” que agrupa o conxunto de obxectivos e medidas a desenvolver para que a comunidade educativa perciba a importancia de construír e fomentar a cultura emprendedora, para recoñecer no seu contorno actitudes e valores emprendedores, favorecendo a súa integración nos centros educativos e creando unha conciencia emprendedora.

Etiquetas: 

TVG. Convocatoria de probas para un contrato en prácticas

Convocatoria do proceso de selección para un contrato en prácticas na categoría laboral Técnico electrónico en Televisión de Galicia, S.A.

Inscripción:

Os/as aspirantes deberán enviar ao enderezo proceso.seleccion@crtvg.es un curriculum vitae indicando que é para esta proba.

Etiquetas: 

Convocatoria do Programa Lanzadeiras Lugo

O programa Lanzadeiras Lugo desenvólvese dentro do plan Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende que supón unha aposta clara e firme pola implantación na comunidade educativa dos niveis non universitarios da cultura emprendedora. O plan eduemprende constitúese como o marco onde coordinar as sinerxías en materia emprendedora que actúen sobre o sistema educativo, ordenando e planificando a súa aplicación.

Etiquetas: 
Tema: 

Convocatoria do Programa Lanzadeiras Coruña

O programa Lanzadeiras Coruña desenvólvese dentro do plan Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende que supón unha aposta clara e firme pola implantación na comunidade educativa dos niveis non universitarios da cultura emprendedora. O plan eduemprende constitúese como o marco onde coordinar as sinerxías en materia emprendedora que actúen sobre o sistema educativo, ordenando e planificando a súa aplicación.

Etiquetas: 
Tema: 
Distribuir contido