Convocatoria do programa eduemprende Lanzadeiras Lugo 2022-2023

Publicada a Resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca a selección de centros que participarán no programa Lanzadeiras Lugo durante o curso 2022/2023.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá entre os días 11 de maio de 2023 e o 20 de maio de 2023, ambos os dous incluídos.

Etiquetas: 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). 1ª adxudicación ordinaria. Curso 2022-2023

Publicada a listaxe da 1ª adxudicación ordinaria para as probas libres para a obtención de titulos de FP (LOE).

Período de matriculación para o alumnado: desde as 9:00 do día 10 de maio ata as 13:00 do día 19 de maio no centro no que teña praza adxudicada.

Etiquetas: 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Listaxe definitiva de solicitudes. Curso 2022-2023

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para as probas libres para a obtención de titulos de FP (LOE).

Etiquetas: 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2022-2023. Listaxes provisionais de inscrición

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para as probas libres para a obtención de titulos de FP (LOE).

Período de reclamación: desde o día 3 ás 9:00 horas ata o 5  de maio ás 13.00 horas, empregando o asistente web para reclamacións.

Etiquetas: 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Cualificacións provisionais. Convocatoria 2023

Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior.

Etiquetas: 

Campionato Galego de Formación Profesional GaliciaSkills 2023

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca o 7º Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2023, que se celebrará no recinto Feira Internacional Abanca de Silleda durante os días 25, 26 e 27 de outubro de 2023.

Organizado pola Dirección Xeral de Formación Profesional, Galiciaskills 2023 pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte en Galicia.

Etiquetas: 

Carnés profesionais. Listaxe definitiva de solicitudes, datas e material permitido. Primeira convocatoria 2023

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas da primeira convocatoria de probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2023, así como as datas de celebración das probas, o material de consulta permitido para a realización da segunda parte da proba e a listaxe de persoas convocadas para a celebración da segunda parte da proba da especialidade de guindastre móbil autopropulsado, categorías A e B.

Selección de estadías formativas 2023. Resolución definitiva da comisión de selección e avaliación

Publicada a Resolución definitiva da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2023 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.

Probas de acceso a ciclos de grao superior. Exames e respostas da convocatoria 2023

Publicados os exames e as respostas da convocatoria 2023 de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Etiquetas: 

Probas de acceso a grao medio. Listaxe definitiva de solicitudes, sedes e instrucións. Convocatoria 2023

Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2023, así como as instrucións e a asociación de centros e sedes para a realización da proba.

Etiquetas: 
Distribuir contido