O vindeiro mércores 29 de novembro de 2017, realizarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, na rúa Miguel Ferro Caaveiro s/n - San Lázaro, en Santiago de Compostela, a "Xornada de orientación profesional: ámbito educativo e laboral. Curso 2017-2018". Esta xornada está dirixida aos profesionais de orientación dos centros educativos e do ámbito laboral. Trataranse aspectos relacionados coa cualificación das persoas, a súa empregabilidade e as medidas de apoio dispoñibles.