Convocatoria de axudas económicas para o alumnado que realiza a FCT

Publicada a Orde do 24 de abril de 2018 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

Etiquetas: 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2017-2018

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para as probas libres para a obtención de titulos de FP (LOE).

Período de reclamación: do día 7 ao 9 de maio ata as 13.00 horas, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Etiquetas: 

Probas de acceso a ciclos de grao superior. Cualificacións provisionais. Convocatoria 2018

Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior.

Etiquetas: 

Carnés profesionais. Listaxe provisional de solicitudes, datas e material. Convocatoria ordinaria 2018

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas da convocatoria ordinaria 2018 de probas de carnés e habilitacións profesionais, así como as datas de celebración das probas e o material de consulta permitido para a realización da segunda parte da proba.

Probas de acceso a ciclos de grao superior. Exames e respostas da convocatoria 2018

Publicados os exames e as respostas da convocatoria 2018 de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Etiquetas: 

Probas de acceso a grao medio. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2018

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Período de reclamación: do día 17 ao 20 de abril, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Etiquetas: 

FP Innova Galicia 2018. Ampliación do prazo de inscrición para centros

Amplíase o prazo de inscrición para os centros que desexen organizar unha visita a FP Innova Galicia 2018 para alumnado.

O formulario de inscrición permanecerá aberto ata as 14:00 h do mércores 18 de abril de 2018 ou ata completar aforo.

Etiquetas: 

Selección de estadías formativas 2018. Resolución definitiva

Publicada a Resolución definitiva da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2018 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.

Acreditación de competencias. Datas e lugares da primeira reunión grupal

Publicadas as listaxes de persoas admitidas e excluídas, con data 4 de abril de 2018, iníciase a fase de asesoramento para as persoas admitidas, segundo o establecido na Orde do 29 de decembro de 2017 (DOG do 10 de xaneiro de 2018) pola que se convocou o proceso de acreditación de competencias.

Acreditación. Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non cumprir os requisitos para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2018. Data de publicación: 04.04.2018

Distribuir contido