Concurso de proxectos para unha cafetería- viveiro no campus universitario de Ferrol

O concurso ten por destinatarios os estudantes dun ciclo formativo de FP ou que acabasen eses ciclos nos últimos catro anos e que teñan unha visión de futuro encamiñada ao desenvolvemento do seu propio negocio empresarial.
O grupo de emprendedores que participe no concurso deberá presentar o seu proxecto de negocio baixo a forma legal dunha sociedade cooperativa (mínimo tres persoas).
O ámbito territorial do concurso será toda Galicia e preferentemente as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
Os participantes presentarán o seus proxectos mediante o formulario (anexo 1) que se encontrará dispoñible no taboleiro de anuncios e na páxina web da Universidade da Coruña, http://www.udc.gal

http://www.udc.es/goberno/equipo_reitoral/vice_ferrol_e_responsabilidade_social/cafetaria/

Data de recepción de solicitudes. Do 22 de maio ata o 22 de xuño de 2015.
O premio ao mellor proxecto consiste en:
1. Cesión da cafetaría-comedor do campus de Ferrol, Universidade da Coruña, para a posta en marcha do proxecto, segundo o Anexo 2 . Contrato de cesión de espazo na cafetaría-comedor da Universidade da Coruña no campus de Ferrol (Esteiro) 
2. Asesoramento e posta en marcha
3. Acompañamento e seguimento

Etiquetas: